Banner

Crónica de Galicia


Martes
07 Febreiro 2012
Edición Nº:
Director: Antón Xil Alcántara
Inicio Servizos O tempo

O TEMPO

Datos: Meteogalicia

Predición para martes 07 de febreiro de 2012

Mapa mañá:Mapa tarde:
Comentario:
Na xornada do martes os centros anticiclónicos volveranse a unir formando un cinto de altas presións dende o oeste da península Ibérica ata o noroeste de Europa que, xunto cunha borrasca situada na área de Grecia, volverá a empuxar a masa de aire polar continental cara á Galicia. Polo tanto, agardamos en xeral ceos anubrados con precipitacións dispersas, máis probables e frecuentes no terzo norte e nas áreas montañosas de Lugo, cun descenso da cota de neve ata quedar por debaixo dos 1000 metros nas últimas horas. As temperaturas permanecerán sen cambios significativos ou con lixeiros descensos das mínimas. Os ventos virarán de norte a nordés a partir da tarde e soprarán moderados no litoral e nas zonas montañosas e frouxos, con períodos de moderado, no interior.
Vento:
Ventos do norte virando a nordés a partir da tarde, moderados no litoral e nas zonas montañosas e frouxos, con períodos de moderado, no interior.
Temperatura:
Temperaturas sen cambios significativos ou en lixeiro descenso as mínimas.
Néboas:
Mala visibilidade nas zonas elevadas do interior, principalmente durante a mañá.
Estado do Ceo:
Ceos anubrados con precipitacións dispersas, máis probables e frecuentes no terzo norte e nas áreas de montaña de Lugo. Cota de neve en descenso ata quedar por debaixo dos 1000 metros nas últimas horas do día.


Localidad MIN MAX Localidad MIN MAX
A Coruña1014Ourense512
Cuntis712Pedrafita34
Ferrol1013Pontevedra714
Fisterra1014Ribadeo1012
Lalín410Santiago712
Lugo610Verín311
Monforte510Vigo714
O Barco411Vilagarcía814
Ortigueira1012Viveiro1012

Para máis información:
http://www.meteogalicia.es/web/predicion/cprazo/cprazoIndex.action?dia=0&request_locale=gl