O alcalde de Ferrol non quere a Franco en Ferrol

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (Ferrol en Común), asegurou que o consistorio que dirixe non permitirá que a familia de Francisco Franco traslade os restos do ditador ao panteón que posúen na cidade no caso de que, finalmente, se exhumen para retiralos do Val dos Caídos.

Non imos permitir que trasladen os restos do ditador a un panteón que foi obtido a través de privilexios, remarcou onte o rexedor ferrolán nunha entrevista en Radio Nacional. Jorge Suárez deu a coñecer o pasado venres a aparición dos documentos públicos, datados en 1967, polos que o Concello de Ferrol regalou á familia Franco un nicho no cemiterio público de Catabois. Con todo, afirmou que esta autorización é revocable.

Deixa unha resposta